Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 16 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación que se cita. (Expediente 5827).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Río Narcea Gold Mines, S.A., con enderezo na rúa Infanta María

Teresa, 6, 28016 Madrid, presentou nesta delegación provincial, instancia-solicitude do permiso de investigación ampliación lª Sonia de 9 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos da Fonsagrada, da provincia de Lugo e Ibias da provincia de Asturias á que lle correspondeu o número 5827 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1 -6º 57' 40''43º 04' 20''

2 -6º 57' 40''43º 05' 20''

3 -6º 56' 40''43º 05' 20''

4 -6º 56' 40''43º 04' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime jurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 16 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9700