Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 16 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación Mondoñedo, número 5767.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que por Resolución do 10 de outubro de 1997 foi outorgado o permiso de investigación Mondoñedo, número 5767 de 9 cuadrículas mineiras para recursos de sección C que se sitúa no concello de Abadín da provincia de Lugo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 16 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9402