Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de avaliación ambiental e o plan de restauración da concesión de explotación denominada San Rafael número 2946, da provincia da Coruña.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de avaliación ambiental e plan de restauración da solicitude de concesión de explotación denominada San Rafael nº 2946, situada nos concellos de Touro e O Pino, provincia da Coruña, e solicitado por Explotaciones Gallegas, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del

para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da delegación provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9404