De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da leid e expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 7 de xaneiro de 1998 para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., proceda ós pagamentos do prezo xusto e xuros dos predios nº 3 e 6, ás 11 horas, nas oficinas da Casa do Concello de Oleiros e dos predios 1 ó 79/1, ás 12 horas, nas da Casa do Concello de Cambre, por imposición de servidumes de paso da liña eléctrica a 15/20 kV, desde a subestación de San Marcos ó polígono industrial de Bergondo (expediente 198/94), ós interesados propostos pola citada empresa como titulares dos predios afectados, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.
A Coruña, 11 de novembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9420