Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Travesía Portela-Academia.
Situación: Mugardos.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,546 km con orixe no C.T. existente travesía Portela e final no C.T. existente Academia, en conductor R.H.V. 12/20 kV-3(1x240) mm Al.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 6 de novembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9195