Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/198-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. grupo escolar de Coron.

Situación: concello de Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio s/n da L.M.T.

existente ó C.T. grupo escolar de Coron, rematando no paso aéreo soterrado da L.M.T., ó C.T. proxectado de grupo escolar de Coron, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T., aéreo-soterrada. A R.B.T. aérea de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón. A R.B.T. soterrada de 77 m de lonxitude, 17 m con conductor tipo R.H.V. e 60 m con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 3 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9289