Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. en camping Baltar-Portonovo.
Situación: Sanxenxo.
Descricións técnicas: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Vilalonga-A Toxa, alimentando en Bucle ó C.T. que se proxecta no camping Baltar-Por
tonovo, rematando na mesma liña, concello de Sanxenxo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 3 de novembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9294