Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.099

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía animal, do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, a María Jesús Iglesias Briones (praza 6/97).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 15 de xaneiro 1997 (BOE do 7 de febreiro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía animal do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, a prol de María Jesús Iglesias Briones, con documento nacional de identidade número 32.756.805, e cumprindo a interesada os

requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Jesús Iglesias Briones profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía animal, do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 1 de decembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

9792