Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

EDICTO.

A Comisión de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o día 4 de decembro, aprobou o proxecto e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da obra de construcción da escola de canteiros de Pontevedra, polo que se vén convoca-lo seguinte concurso.

1. Obxecto e tipo de licitación: a contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida obra por importe de 182.900.302 pesetas, e proxecto de seguridade e hixiene por importe de 2.419.349 pesetas.

2. Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

3. Clasificación empresarial: grupo C, subgrupos 1 a 9, categoría E.

4. Prazo de presentación de proposicións: trece días naturais, contados a partir do seguinte día ó da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, de 9 a 13 horas.

5. Cualificación da documentación e apertura de plicas: terá lugar no Pazo Provincial ás 12 horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, e se este fose sábado, o primeiro día hábil seguinte.

6. Exposición pública: queda exposto ó público, para efectos de reclamacións, o prego de condicións económico-administrativas que rexerán no dito concurso por un prazo de oito días. No caso de non producirse reclamacións, entenderase aprobado definitivamente, de forma automática.

7. O prego de cláusulas económico-administrativas e demais documentación están á disposición dos interesados no Servicio de Contratación da deputación tódolos días hábiles, de 9 a 13 horas.

Pontevedra, 4 de decembro de 1997.

O presidente

Rubricado