Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 17 de novembro de 1997, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Promociones Acuña, S.L. e recdactado polo arquitecto Fernando Lafuente Lestón, con visado colexial do 10-10-1997, coa finalidade de reordena-los volumes dunha futura edificación que se vai construír sobre a parcela número 63 da Avenida de Vigo, esquina á futura avenida paralela á Avenida de Vigo, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na Unidade Municipal de Fomento (rúa Dona Teresa), e formula-las alegacións que considere procedentes.

Pontevedra, 21 de novembro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernandez

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

9885