Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 12 de novembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 20 de xullo de 1993.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso ordinario número 0145/94 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 20 de xullo de 1993, pola que se acordou denega-las axudas económicas solicitadas para a adquisición dunha vivenda de protección oficial de promoción privada; da que a súa parte dispositiva di:

Desestima-lo recurso ordinario nº V-0145/94, interposto por Ramón Guix Roig contra a resolución do delegado provincial do IGVS na Coruña, do 20 de xullo de 1993, pola que se acordou denegarlle a concesión da subvención a Ramón Guix Roig e reconocerlle o dereito a que o tipo de xuro subsidiado sexa do 12% anual para adquisición dunha vivenda de protección oficial promoción privada sita en Navegantes, nº 8-10-2º D-Ferrol-A Coruña; resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte o da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9495