Aprobado o Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, tendo en conta o disposto no artigo 4, alínea 13º da Lei
de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e sete,
DISPOÑO:
Que cese, por pase a outro destino, José Luis Aboal García-Tuñón como secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, agradecéndolle os servicios prestados.
Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e sete.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
9988