O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na contratación dun servicio de consultoría para a formulación do Plan Estratéxico da Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias 061.
Nº de expediente: 061/28/97.
Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza de Europa, 5A-6B, Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos dez días naturais a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.
Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do instituto, en Santiago de Compostela, no horario e prazo sinalado, ou no teléfono (981) 57 76 50, fax (981) 57 78 43.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1997.
Xosé Carlos Abal López-Valeiras
Director-xerente