Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/281-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado 1 L.M.T., C.T. parque empresarial de Ordes.

Situación: Ordes.

Características técnicas: variante da L.M.T. Mesón-Ordes (expediente 27357) a 20 kV o seu paso

polo parque empresarial de Ordes cunha lonxitude de 289 m en apoios de formigón e conductor LA-56. Liña aérea 217 m. Subterránea 20 m con orixe no apoio nº 3 da variante e final no C.T.-2 que se vai construír. Liña subterránea de 35 m con orixe no apoio nº 4 da variante e final no C.T.-1 que se vai construír 2 C.T. prefabricado de 630 kVA cada un de potencia e relación 20/0,380-0,220 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9144