Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.958

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o concurso-oposición para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, convocado pola Resolución do 24 de outubro de 1996.

Advertido erro, por omisión, no texto da citada resolución, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 11.674, punto sexto, onde di: «...deberán presentar en calquera dos organismos...», debe dicir: «deberán presentar, no prazo de dez días naturais, en calquera dos organismos...».

Na páxina 11.675, anexo I, médicos titulares, na provincial da Coruña hai que engadir: Bergondo 2º, Camariñas 2º, Corcubión, Mañón 2º, Ortigueira 4º e Vimianzo 2º.

Na provincia de Lugo hai que engadir: Baleira 2º, Baralla 2º, O Incio 1º, Navia de Suarna 2º, Ourol, Pantón 2º, A Pobra de Brollón 2º, Riotorto, Trabada e Xove.

97-9532