Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.955

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1997, do tribunal V-1F, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 3 (ordenanza) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

En sesión celebrada o día 4 de decembro de 1997 polo tribunal V-1F designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 3 (ordenanza) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, 12 de decembro), acordouse:

1º. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (ordenanza) do grupo V terá lugar o día 21 de decembro de 1997 ás 12 horas, no recinto feiral de Cotogrande sito na Avda. de Peinador s/n (ó lado do aeroporto de Peinador), en Vigo (Pontevedra).

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 11 horas.

2º. Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1997.

Jaime Morales Piñeiro

Presidente do tribunal

9886