Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.944

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CÁMARA DA PROPIEDADE URBANA DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de orzamento para 1998.

En concordancia, por aplicación práctica do artigo 21 do Regulamento de cámaras da propiedade urbana de Galicia, do 20 de xuño de 1991, encóntrase en exposición pública o proxecto de orzamento desta cámara para o próximo exercicio de 1998, elaborado e aprobado inicialmente pola xunta de goberno desta, na súa sede social, rúa Uruguai, 4-2º, das 9 ás 14 horas, durante o período de 15 días contados a partir da publicación deste anuncio, para que os propietarios-asociados, logo de xustificación de estaren ó día no pagamento das súas cotas, poidan examinalo e presentar, se é o caso, as reclamacións e observacións que consideren pertinentes.

Vigo, 8 de outubro de 1997.

Casimiro Durán

Presidente