Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO.

Acordo do Pleno do Concello da Guarda polo que anuncia o concurso para a adxudicación da xestión do servicio público de explotación da piscina climatizada municipal do concello da Guarda polo sistema de concurso, procedemento aberto e declarado urxente:

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase o citado concurso conforme o seguinte contido:

Obxecto do concurso: concesión da xestión indirecta do servicio público piscina climatizada do concello da Guarda.

Duración do contrato: 5 anos.

Canon de licitación: o concesionario, e de conformidade co prego, terá que aboarlle ó concello a cantidade mínima anual de 1.000.000 de ptas., durante o tempo de duración do contrato.

Publicidade do prego de condicións: estará de manifesto nas dependencias da Secretaría Municipal durante o prazo de presentación das licitacións ó que se refire o concurso (teléfono dependencias municipais 61 01 76, fax 61 02 83).

Durante os 8 primeiros días hábiles ó seguinte ó da publicación deste edicto poderán presentarse reclamacións respecto ó citado prego suspendéndose, se é o caso, a licitación de conformidade co previsto na LCAP.

Garantía provisional: de conformidade co previsto na correspondente cláusula do prego 100.000 ptas.

Garantía definitiva: de conformidade co previsto no correspondente prego.

Presentación de proposicións: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do presente edicto no BOP e no DOG; rematando o prazo o décimo terceiro día contado desde a publicación no último dos citados diarios oficiais.

Modelo de proposición: o recollido no correspondente prego.

A Guarda, 13 de novembro de 1997.

Purificación Álvarez Álvarez

Alcaldesa

9385