Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e tramitación de urxencia, para a contratación das asistencias consistentes no control de calidade de varias obras.

1. Obxecto: control de calidade da obra de adquisición de 45 vivendas, garaxes e rochos no Milladoiro-Ames. A Coruña. Expte.: C-97/501.

Orzamento: catro millóns catrocentas cincuenta e unha mil cincocentas oitenta e catro (4.451.584) pesetas., IVE incluído.

Prazo de execución: trinta e seis (36) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: oitenta e nove mil trinta e dúas (89.032) pesetas.

Garantía definitiva: cento setenta e oito mil sesenta e tres (178.063) pesetas.

2. Obxecto: control de calidade da obra de adquisición de 60 vivendas, garaxes e rochos en Vilalba. Lugo. Expte.: LU-97/503.

Orzamento: seis millóns vinteoito mil novecentas dezaseis (6.028.916) pesetas., IVE incluído.

Prazo de execución: trinta e seis (36) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: cento vinte mil cincocentas setenta e oito (120.578) pesetas.

Garantía definitiva: duascentas corenta e unha mil cento cincuenta e sete (241.157) pesetas.

3. Obxecto: control de calidade da obra de adquisición de 40 vivendas, garaxes e rochos en Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Expte.: PO-97/501.

Orzamento: tres millóns novecentas cincuenta e cinco mil oitocentas trinta e cinco (3.955.835) pesetas., IVE incluído.

Prazo de execución: trinta e seis (36) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: setenta e nove mil cento dezasete (79.117) pesetas.

Garantía definitiva: cento cincuenta e oito mil duascentas trinta e tres (158.233) pesetas.

4. Obxecto: control de calidade da obra de adquisición de 54 vivendas, garaxes e rochos en Monforte de Lemos. Lugo. Expte.: LU-97/501.

Orzamento: cinco millóns catrocentas noventa e unha mil cincocentas noventa e unha (5.491.591) pesetas., IVE incluído.

Prazo de execución: trinta e seis (36) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: cento nove mil oitocentas trinta e dúas (109.832) pesetas.

Garantía definitiva: duascentas dezanove mil seiscentas sesenta e catro (219.664) pesetas.

5. Obxecto: control de calidade da obra de adquisición de 23 vivendas, garaxes e rochos en Láncara. Lugo. Expdte.: LU-97/504.

Orzamento: dous millóns noventa e tres mil setecentas trinta e catro (2.093.734) pesetas., IVE incluído.

Prazo de execución: trinta e seis (36) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: corenta e unha mil oitocentas setenta e cinco (41.875) pesetas.

Garantía definitiva: oitenta e tres mil setecentas corenta e nove (83.749) pesetas.

6. Obxecto: control de calidade da obra de adquisición de 48 vivendas, garaxes e rochos en Verín. Ourense. Expte.: OU-97/501.

Orzamento: catro millóns duascentas dez mil trescentas noventa e oito (4.210.398) pesetas., IVE incluído.

Prazo de execución: trinta e seis (36) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: oitenta e catro mil duascentas oito (84.208) pesetas.

Garantía definitiva: cento sesenta e oito mil catrocentas dezaseis (168.416) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nestas contratacións, estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela)

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ós modelos que se inclúen nos correspondentes pregos de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, a partir das dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será aboado proporcionalmente polo adxudicatario de cada contrato.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1997.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

9766