Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a seguinte contratación: realización de estudios, proxecto e obra da intervención integral no baldaquino e contorno da catedral de Santiago de Compostela: altar, cadeirado, camarín e cerramento do espacio ó presbiterio.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a seguinte contratación:

-Realización de estudios, proxecto e obra da intervención integral no baldaquino e contorno da cate

dral de Santiago de Compostela: altar, cadeirado, camarín e cerramento do espacio ó presbiterio.

-Orzamento de licitación: sesenta e seis millóns de pesetas (66.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Fianza provisional: dispensada.

-Exposición dos pregos: o prego de prescricións técnicas e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

9780