Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/147-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Severo Ochoa, 2 Pol. A Grela-Bens, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I. e R.B.T. Vilasanche.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV apoio de formigón e con conductor LA-56, de 10 m con orixe na liña Sta. Mariña-Cobas (tramo Setantellos-Viladóniga, expediente 7306) e final en C.T. Vilasanche, a instalar. Centro de transformación, tipo aéreo, en Vilasanche, de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 10 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9076