Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/130-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado I ó proxecto de L.M.T. ó C.T.C. Pousada.

Situación: municipio de Oleiros.

Descricións técnicas: modificado I ó proxcecto de L.M.T. ó C.T. Pousada (expediente 25119) co fin de fixa-la distancia do voo 6,5 m ó linde predio nº 2, consistente en: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios metálicos e con conductor LA-56, de 126 m con orixe na liña existente que alimenta o centro de transformación (C.T.) Pousada e final no dito C.T. de Pousada. Municipio de Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 10 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9072