Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/116-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., CC.TT., 1-2, de 630 kVA en Urb. A Ría-Fonteculler.

Situación: A Coruña e Culleredo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 590 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 12/20 kV de 240 mm Al, que parte da l.M.T. Burgo-Pasaxe e final nos CC.TT. que se vai construír tipo interior de 630 kVA c/u a 15 kV-B2 denominado Urb, A Ría I e II. Concellos da Coruña e Culleredo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 10 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9094