Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/127-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorizacón administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Solicitente: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa Severo Ochoa, 2, A Grela, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Penas e A Ponte.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV sobre apoios de formigón e conductor LA-56 de 168 m de lonxitude, con orixe na liña Moutoutiño-Casallas e final no centro de transformacio a instalar en Penas.

Centrao de transformacio aéreo, de 50 kVA en Penas, con tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que sae rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 30 m de lonxitude. Concello de Melide.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados estable

cidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9089