Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/199-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade

pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Solicitente: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa Severo Ochoa, 2, A Grela, 15000 A Coruña.

Denominacio: L.M.T. Subtr. e C.T. tipo superficie en Ponte Coroño.

Situación: Escarabote (Boiro).

Descricións técnicas: modificado 1 ó proxecto de L.M.T. subterránea a 20 kV de 160 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x150 mm) Al, que parte da L.M.T. aérea a C.T. Escarabote e final no C.T. interior de 400 kVA que se vai construír en Ponte Coroño. Concello de Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 15 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9090