Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se notifica demanda correspondente ó expediente instruído pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario (expediente XA 52/97).

Pola presente cédula notifícaselle ó demandado cos datos e último enderezo coñecidos no anexo desta cédula, a formulación contra el da reclamación que se relaciona no citado anexo e que deu lugar, co número que se indica, á instrucción do correspondente expediente pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, sinalándose a súa vista na data e hora establecida na relación adxunta.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 11 de novembro de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

ANEXO

Expediente: XA 52/1997.

Demandante: Transportes Joti, S.L.

Demandado: Transportes Bolado, S.A.

Último enderezo coñecido: Rodríguez, 11, 39002 Santander.

Feitos demanda: non pagamento de portes de transporte correspondentes a servicios prestados.

Data: xaneiro e febreiro de 1997.

Contía demanda: 479.933 ptas. máis xuros legais.

Data vista xunta arbitral: 26 de xaneiro de 1997, 17.30 horas.

Lugar: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes. Polígono das Fontiñas Edif. Área Central, praza Europa 5-2º A, Santiago de Compostela.

9427