Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e adxudicación por poxa, da obra que se cita.

Título do proxecto: C-LU-97.03 acceso á praia fluvial de Ribas de Sil.

Orzamento: 22.300.000 ptas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6,categoría c.

O prego de claúsulas administrativas particulares, así como o correspondente proxecto da obra que se relaciona e demais documentos de interese para os licitadores estarán á disposición destes na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, na Ronda da Muralla, 131 (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo no disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das

administraccións públicas e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado corforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado nin festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do quinto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas; a suficiencia económica deberá xustificarse de acordo co previsto no artigo 16 da Lei 13/1995 (Admon. públicas). O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 28 de novembro de 1997.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo

7462