Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.916

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 19 de novembro de 1997 pola que se fixan os prezos de venda ó público de varias publicacións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

-Recursos da Unión Europea para a xuventude: 2.000 ptas.

-Protección da familia, infancia e menores (2ª edición actualizada): 1.500 ptas.

-Perspectivas de creación de emprego en Galicia. 1997-2001: 1.500 ptas.

-Estudio sobre a sociedade galega 1996: 1.500 ptas.

-Outono fotográfico 1997: 1.500 ptas.

-Flora ornamental do albergue xuvenil de Gandarío: 1.000 ptas.

9760