Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Miercoles, 10 de diciembre de 1997 Pág. 1.871

V. ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA

JUZGADO DE PRIMERA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (163/1995).

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución:

O precedente escrito únase ós autos da súa razón, entregando copia á parte contraria. Como se pide, procédase á execución da sentencia dictada polos trámites da vía de constrinximento.

Efectúese, sen previo requirimento de pagamento, o embargo de bens do demandado Alberto González Carballo en cantidade suficiente para cubri-la suma de 240.787 pesetas de principal e outras 175.000 pesetas que se calculan para xuros e custas e, en concreto, sobre as percepcións de calquera tipo que percibe do Inem. Como queira que o demandado Alberto González Carballo se atopa en ignorado paradorio, notifíqueselle esta resolución por edictos, publicándose no DOG.

E para que lle sirva de notificación ó demandado en paradoiro descoñecido Alberto González Carballo, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

9616