Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso plurianual 18/1997, que ten por obxecto a adquisición de marcapasos e complementos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións-Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: CP 18/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: marcapasos e complementos.

c) Lotes:

Lote 1: marcapasos VVI.

Lote 2: marcapasos SSI.

Lote 3: marcapasos SSIR (S.QT+Act.).

Lote 4: marcapasos SSIR (S.V.M.).

Lote 5: marcapasos VDDR e electrodo.

Lote 6: marcapasos VVIR (S.V.M.).

Lote 7: marcapasos DDDR (S. Aceleróm).

Lote 8: marcapasos DDDR (S.V.M. Resp).

Lote 9: marcapasos DDDR (dob S.QT+Ac).

Lote 10: electrodo para marcapasos definitivo grupo 1.

Lote 11: electrodo para marcapasos definitivo grupo 2.

Lote 12: electrodo para marcapasos definitivo grupo 3.

Lote 13: electrodo para marcapasos definitivo grupo 4.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOCCEE do 23 de xullo de 1997. BOE do 29 de xullo de 1997. DOG do 30 de xullo de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso plurianual.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 48.670.000 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 21 de outubro de 1997.

b) Contratistas:

Lotes 1 e 10: Medtronic Ibérica, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe: 4.060.000 pesetas.

Lotes 2, 5, 7 e 11: Ciamsa Médica, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe: 23.281.900 pesetas.

Lotes 3, 9 e 13: Hortas Suministros, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe: 6.197.000 pesetas.

Lotes 4 e 12: Izasa Distribuciones Técnicas, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe: 4.010.000 pesetas.

Lotes 6 e 8: desertos.

c) Importe total adxudicado: 37.548.900 pesetas.

Ferrol, 5 de novembro de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol

9024