Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 30 de outubro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada M.B.L. número 2, a favor de Juan Lojo Cabrera.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta

o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: M.B.L. nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 50.

Data da concesión: 5-11-1976.

Data de finalización da última prórroga: 3-12-2006.

Anterior concesionario: José Vicente Lojo Cabrera.

Novo titular da concesión e batea: Juan Lojo Cabrera.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicions legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 30 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

9133