Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/328-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas

Denominación: L.M.T. e C.T. A Penela.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 1490 m de lonxitude, con conductor LA-30, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. Ponteareas-Cristiñade, no entronque co C.T. de Puño-Cristiñade, rematando no C.T. que se proxecta na Penela, concello de Ponteareas. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 29 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8954