Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de setembro de 1997, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes PO-01121-O-96 e seis máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario, ante o director xeral de Obras Públicas e Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles seguintes ó da firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administratico común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 16 de setembro de 1997.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01121-O-96

PO-1204-Al

G.C. Tráfico

Expor Porto, S.A.

Avda. Atlántida, 122

Vigo

(Pontevedra)

Transportar portas de aluminio desde Vigo a Pontevedra, carecendo da tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

7-6-1996; 17; A-9; 137

Artigo 141-B en

Rel. con Art. 142-M LOTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

25.000
PO-01269-O-96

PO-4184-AU

G.C. Tráfico

Landesa Álvarez,

Ángel Pablo

Coutadas-Teis, 81

Vigo (Pontevedra)

Circular realizando un transporte de recambios desde Vigo ata Silleda, carecendo dos distintivos de radio de acción da tarxeta de transporte. Servicio privado.

2-7-1996; 10.40; N-525; 302

Artigo 142-C LOTT

Art. 199 C) ROTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

15.000

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01512-O-96

PO-9954-AG

G.C. Tráfico

Ordinsa, S.A.

Puerta del Sol, 10

Vigo (Pontevedra)

Circular transportando unha formigoneira desde Pontevedra a Marín, carecendo da tarxeta de transportes.

10-9-1996; 9.15; N-558; 4

Artigo 141-B, en Relac.

142 M) LOTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

25.000
PO-01500-O-96

PO-0873-I

G.C. Tráfico

Riveiro Mouca,

Jesús Hernando

Campo da Porta-Salcedo

Pontevedra

Circular transportando chatarra, carecendo da tarxeta de transportes. Carece de distintivos do servicio e do ámbito deste. Servicio privado, vehículo lixeiro.

18-9-1996; 18.40; N-640; 219

Artigo 141-B en Relac.

142 M) LOTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

25.000
PO-536-O-96

PO-4304-AD

G.C. Tráfico

Bosal, S.L

Travesía Santa Clara, 4

Pontevedra

Circular transportando producto téxtil desde Barro á Estrada, carecendo da autorización de transportes. Carece de distintivos do ámbito que lle corresponde. Servicio privado, vehículo lixeiro.

1-30-1996; 17; N-550; 102

Artigo 141-B en Relac.

Art. 142 M) LOTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

25.000
PO-01049-O-96

C-2599-Z

G.C. Tráfico

Neumáticos Abalde, S.L.

Castiñeiriño, 73

Santiago de Compostela

(A Coruña)

Transportar maquinaria desde Santiago de Compostela a Pontevedra, carecendo da tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

10-5-1996; 9.45; N-550; 101

Artigo 141-B

en Relac. con

142 M LOTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

25.000
PO-01044-O-96

OR-2825-G

G.C. Tráfico

Ttes. Urgentes

JL Varela, S.L.

S. Lourenzo de Piñor, 13

Barbadás, Ourense

Circular transportando paquetería desde Santiago de Compostela a Ourense, carecendo da tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro

20-5-1996; 16.08; N-525; 314.1

Artigo 141-B

en Relac. con

142 M LOTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

25.000

7818