Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto da explotación en réxime de concesión do servicio de hostelería no edificio do antigo parador de Portomarín (Lugo).

1. Obxecto: contratación da explotación, en réxime de concesión, do servicio de hostelería no edificio do antigo parador de Portomarín (Lugo).

2. Prazo da concesión: catro anos.

3. Documentos de interés para os licitadores: a documentación poderase retirar da Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles

de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

4. Fianza provisional: 1.000.000 de pesetas

5. Fianza definitiva: 30.000.000 de pesetas.

6. Modelo de proposición: o que figura como anexo 2 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 7 de xaneiro de 1998.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da explotación do servicio de hostelería da Pousada de Portomarín, que presenta... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

8. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 9 de xaneiro de 1998.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o deberá aboar con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

9300