Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997 pola que se declara deserto o concurso aberto convocado para a adxudicación, en réxime de concesión, do servicio de hostelería do establecemento denominado Pousada de Portomarín.

Por resolución con data do 19-11-1997 do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu declarar deserto o concurso público, convocado por Resolución do 8-10-1997 desta consellería, para a adxudicación, en réxime de concesión, da explotación do servicio de hostelería do establecemento denominado Pousada de Portomarín, porque non se presentaron ofertas por parte de ningunha empresa.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería

da Presidencia e Administración Pública

9721