Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.863

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1960/1997, interposto por Emilio de la Barrera García.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 1/1960/1997 interposto por Emilio de la Barrera García, contra a Resolución do 18 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, relativa á desestimación da solicitude do 1 de xullo de 1997, sobre inclusión nas listas de médicos interinos. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer en autos na sección primeira da antedita sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

9614