Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/325-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas

Denominación: reforma L.M.T. Canedo-Ascensión.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., a 20 kV, dobre circuíto, de 1.982 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, desde a L.M.T. subestación-Vilasobroso, rematando no centro de distribución de Ascensión, concello de Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 31 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9560