Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., Choróns-Calvario.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., soterrada, a 15 kV, de 730 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde o C.T. Choróns, rematando no C.T. Calvario, concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 27 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9251