Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Tarrío-Sta. Cristina de Vea.
Situación: concello da Estrada.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea de 1.182 m de lonxitude con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio s/n da L.M.T. ó C.T. de Sta. Cristina de Vea, rematando no C.T. que se proxecta en Tarrío-Sta. Cristina de Vea, concello da Estrada C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T., aérea de 43 m de lonxitude con conductor tipo R.Z. sobre apoio de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 23 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8947