Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Ludeiros, San Cristovo, no concello de Ramirás (Ourense) e a declaración da súa utilidade pública. (Expediente IN407A 97/82-3-A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1996, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa

para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas que se reflicten a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Emplazamento: concello de Ramirás (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servcicio nas zonas de influencia, segundo o plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos: liña eléctrica aérea, a 20 KV, de 1.164 m, en conductor LA-56, derivada desde un apoio da L.M.T. a C.T. O Pazo, con remate no C.T. proxectado en Ludeiros, con 50 kVA e r/t 20/0,380-0,220 kV. Liña aérea a 20 kV en conductor LA-56, de 457 m, derivada desde un apoio da L.M.T. a C.T. Covelas e remata no C.T. proxectado en San Cristovo, con 100 kVA en r/t 20/0,380-0,220 kV. Redes de baixa tensión no sector.

e) Orzamento: 16.184.198 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 53 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación que se achegae

implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacioins eléctricas, de aplicación ó expediente segundo o indicado na disposición transitoria primeira da citada Lei 40/1994.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, sitas na rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 21 de octubre de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 97/82-3-A.T.

Instalación eléctrica: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ludeiros, San Cristovo, concello de Ramirás (Ourense).

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSuperf.

(m)Lonxitude

(m)Superf.

(m)

13CortiñasLabradíoManuel Vilanova GonzálezAvda. López Blanco, nº 1

32800 Celanova

5 1 28 224

14CortiñasPradoMaría Vilanova GonzálezAvda. López Blanco nº 1, baixo

32800 Celanova

5 1 27 216

8948