Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de outubro de 1997, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01709-O-96 e dous máis).

Pola presente cédula, notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo ereito que os asiste para interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Obras Públicas e Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta rexistrada de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes ó da firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 2 de outubro de 1997.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial

de Transportes de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01709-O-96

C-5162-BP

G.C. Tráfico

Jorge Avelino Leis Porra

Edif. Martinete, Blq. 22,

158 A Coruña

Realizar un transporte de roupa carecendo de tarxeta de transportes do ano que corre. Porta distintivos de servicio público, radio de acción autonómica. Servicio público.

6-11-1996; 6.11; N-550; 106

199,b) del R.D.

1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987

201 Real decreto

1211/1990

5.000
PO-01756-O-96

PO-5577-AY

G.C. Tráfico

Inward Import, S.L.

Lepanto, 5-4º B,

362 Pontevedra

Realizar un transporte de calzado deportivo, carecendo da tarxeta visado de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

6-11-1996; 20.25; N-550; 167

Art. 103 da

Lei 16/1987

e artigo 158

do R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987

201 Real decreto

1211/1990

25.000
PO-01880-O-96

PO-2497-BB

G.C. Tráfico

Víctor Mnauel Novoa

del Río

Avda. Camelias, 75, s/n

36211 Vigo

Pontevedra

Transportar paquetería carecendo de tódolos distintivos de radio de acción da tarxeta de transportes. Servicio público

4-12-1996; 11.10; C-550; 23,100

O.M. 15 de outubro

de 1990.

Art. 143 Lei

16/1987

201 Real decreto

1211/1990

15.000

7980