Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.820

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997 do tribunal IV-I, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á/ás categoría/as 3 (auxiliar sanitario, auxiliar de clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico/a) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 3 de decembro de 1997 polo tribunal IV-I, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á/ás categoría/as 3 (auxiliar sanitario, auxiliar de clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico/a) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12-12-1996), acordouse:

1º. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso ás categorías 3 (auxiliar sanitario, auxiliar de clínica, auxiliar psiquiátrico, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico/a) do grupo IV terá lugar o día 14 de decembro de 1997, ás 11 horas, no Palacio de Exposicións e Congresos de Galicia sito na rúa San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 10 horas.

2º. Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar. Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Presidente do tribunal

97-9806