Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.774

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1913/1997, interposto por José Antonio Vega Cerqueiro.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 1/1913/1997 interposto por José Antonio Vega Cerqueiro, contra a Resolución do 24 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31), polo que se convoca o concurso de traslados para a provisión de prazas pertencentes a determinadas categorías de persoal estatuario de atención primaria do Servicio Galego de Saúde. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer en autos na sección primeira da antedita sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos