Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.754

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de novembro de 1997 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria, Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo e Compañía de María de Cangas.

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros, nos que se solicita

autorización definitiva para a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria, Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo e Compañía de María de Cangas.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se remiten cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas conforme o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que polo presente orde se autorizan, deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Municipio: Ribadeo.

Localidade: Ribadeo.

Enderezo: Carlos III s/n.

Denominación específica: Sagrado Corazón de Jesús.

Titular: Hijas de la Caridad San Vicente de Paúl.

Código do centro: 27010911.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 5 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

e) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Pontevedra.

Municipio: Cangas.

Localidade: Cima de Vila.

Enderezo: Enseñanza, 9.

Denominación específica: Compañía de María.

Titular: Compañía de María.

Código do centro: 36001008.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de educación especial: 1 unidade.