Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. ó C.T. de Industrias Montoto-Feás.
Situación: Lalín.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 340 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 2 da L.M.T. Lalín II, rematando no C.T. de Industrias Montoto, Feás, concello de Lalín.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 24 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8946