Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 04 de decembro de 1997 Páx. 11.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/94-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Torres García Barbón.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15/20 kV, de 80 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde la L.M.T. Troncal-Policarpo Sanz, entre os CC.TT. Isaac Peral e Os Robles, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en Torres García Barbón rematando na mesma liña na rúa García Barbón, concello de Vigo. C.T. con dous trafos de 1.000 kVA cada un, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 22 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9597