Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 04 de decembro de 1997 Páx. 11.715

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, do tribunal IV-1E, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 2, auxiliar mecánico/a-oficial 2ª mecánico/a-mecánico/a reparación de obras, do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 14 de novembro de 1997 polo tribunal IV-1E, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 2, auxiliar mecánico/a-oficial 2ª mecánico/a-mecánico/a reparación de obras, do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12-12-1996), acordouse:

1º Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 2, auxiliar mecánico/a-oficial 2ª mecánico/a-mecánico/a reparación de obras grupo IV terá lugar o día 19 de decembro de 1997, ás 18 horas, no salón de actos da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita na rúa San Caetano de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17.45 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e de goma de borrar.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1997.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal

9460