Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 1/1900/1997, interposto por Fátima Sequeiro Leira, contra a Resolución do 24 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo), pola que se convoca o concurso de traslados para a provisión de prazas pertencentes a determinadas categorías de persoal estatutario de atención primaria do Servicio Galego de Saúde. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer en autos na sección primeira da antedita sala no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1997.
Valeriano Martínez García
Director xeral de Recursos Humanos