Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.638

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de novembro de 1997, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas) referentes á persoal de corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

A modificación da estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas) efectuada polos decretos 63/1996, e 64/1996, do 15 de febreiro, respectivamente (DOG nº 41, do 27 de febreiro de 1996, corrección de erros DOG nº 60, do 20 de marzo de 1996). A transferencia efectuada polo Real decreto 212/1996, do 9 de febreiro, sobre traspaso das funcións e servicios da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendados ó Instituto Social da Mariña (DOG nº 48, do 7 de marzo de 1996 e nº 54, do 15 de marzo de 1996), e que foron asumidas polo Decreto 80/1996, do 29 de febreiro (DOG nº 50, do 11 de marzo de 1996), así como ó Decreto 14/1997, do 23 de xaneiro (DOG nº 23, do 4 de febreiro de 1997) polo que se integran no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase de inspectores médicos, os funcionarios pertencentes a corpos e escalas de carácter sanitario asumidos polo

devandito Decreto 80/1996, do 29 de febreiro, fan necesario modificar parcialmente a relación de postos de traballo da citada consellería e do Sergas, referente ó persoal de corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro, publicada por Orde do 11 de febreiro de 1994, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 41, do 1 de marzo de 1994) e pola Orde do 25 de outubro de 1996, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda (DOG nº 218, do 7 de novembro de 1996).

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a comisión de persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo 1º

Modifica-la relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas) referente ó persoal de corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro, e que entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, salvo o disposto no artigo 2.

Artigo 2º

A modificación a que fai referencia o artigo anterior no ámbito dos servicios periféricos de saúde pública, non terá plena efectividade orgánica ata a entrada en vigor da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1997.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Economía

e Administración Públicae Facenda

ANEXO

Conselleria de Sanidade e Servicios Sociais

Na relación de postos de traballo dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), referente ó persoal de corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro, publicada no DOG nº 218, do 7 de novembro de 1996, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Supresións:

Na páxina 9.959:

-No centro de destino «DIRECCION XERAL DE SAUDE PUBLICA» suprímese o posto «CS.A03.00.000.15770.005.POSTO BASE GRUPO A».

-No centro de destino «LABORATORIO DE METABOLOPATIAS» suprímense os seguintes postos, por pasar a depender do «COMPLEXO HOSPITALARIO XERAL DE GALICIA-GIL CASARES»:

«CS.A03.00.003.15770.001.POSTO BASE GRUPO A».

«CS.A03.00.003.15770.003.POSTO BASE CRUPO A».

«CS.A03.00.003.15770.005.POSTO BASE GRUPO A».

«CS.A03.00.003.15770.007.POSTO BASE GRUPO A».

«CS.A03.00.003. 15770.009.POSTO BASE GRUPO A».

-No centro de destino «LABORATORIO DE XENÉTICA» suprímense os seguintes postos, por pasar a depender do «COMPLEXO HOSPITALARIO XERAL DE GALICIA-GIL CASARES»:

«CS.A03.00.004.15770.003.POSTO BASE GRUPO A».

«CS.A03.00.004.15770.005.POSTO BASE GRUPO A».

«CS.A03.00.004.15770.007.POSTO BASE GRUPO A».

«CS.A03.00.004.15770.009.POSTO BASE GRUPO A».

Creacións:

Na páxina 9.959, no centro de destino «SUBD. XERAL DE PROGRAMAS DE SAUDE PUBLICA», engádese o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «CS.A03.00.001.15770.031»

Denominación: «SECCIÓN DE PREVENCIÓN DO CANCRO».

Vacante: «SI»

Nivel: «25»

Complemento específico: «1.147.368»

Tipo de posto: «S»

Forma de provisión: «C»

Grupo: «A»

Corpo/Escala: «1.2»

Modificacións:

Na páxina 9.958, no centro de destino «VICESECRETARIA XERAL» o posto de traballo con código «CS.A02.00.001.15770.003.SERV. AUTORIZAC. DE ACTIVID. E CENTROS», pasa a depender da «INSPECCION SANITARIA» na mesma páxina, co código «CS.A02.00.005.15770.003».

Na páxina 9.959:

-No centro de destino «DIRECCION XERAL DE SAUDE PUBLICA» o posto de traballo con código «CS.A03.00.000.15770.025.POSTO BASE GRUPO B», pasa a depender do centro de destino «SUBD. XERAL INFORM. E XEST. DE SAUDE PUBLICA», na mesma páxina, coas seguintes características:

Código do posto: «CS.A03.00.002.15770.007»

Denominación: «ASESOR TECNICO SANITARIO III».

Vacante: «NON»

Nivel «22»

Complemento específico: «786.756»

Tipo de posto: «N»

Forma de provisión: «C»

Grupo: «AB»

Corpo/Escala: «1.2/2.2»

-No centro de destino «LABORATORIO DE XENETICA» o posto de traballo con código «CS.A03.00.004.15770.001.POSTO BASE GRUPO A», pasa a depender do centro de destino «DIRECCION XERAL DE SAUDE PUBLICA», na mesma páxina, pasando a te-lo código «CS.A03.00.00015770.017», e na columna «Corpo/Escala» debe figurar «1.2».