Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.572

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL.

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997, da Dirección Provincial de Lugo, pola que se anuncia a segunda poxa pública para o alleamento dun inmoble da súa propiedade.

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, con data do 11 de xuño de 1996, autorizou a Tesourería Xeral da Seguridade Social para allear un inmoble da súa propiedade; declarada deserta a primeira poxa pública mediante resolución da Dirección Xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social con data do 31 de xullo de 1997, convócase a segunda poxa pública para o alleamento do seguinte inmoble:

Urbana: vivenda do piso primeiro da casa número vintetrés da rúa Río Neira da cidade de Lugo, dunha superficie aproximada de 215 metros cadrados.

Tipo mínimo de licitación: 7.231.981 pesetas.

Prego de condicións: os pregos de condicións poderanse retirar na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Lugo, Pza. de Ferrol, 11-1ª planta de Lugo.

Data e lugar da poxa: a poxa dará comezo ás dez horas do día no que se cumpran vinte días hábiles, contados desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (ou seguinte hábil se fose sábado), na primeira planta da citada dirección provincial.

Lugo, 7 de novembro de 1997.

Julio Veloso Balboa

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social de Lugo